Expostos na Biblioteca provincial os cadros presentados ao Certame “José Domínguez Guizán” de Begonte
01/02/2023
Na Biblioteca Provincial de Lugo están expostos os cadros presentados ao XXXIII Certame galego de arte “José Domínguez Guizán”, convocado polo Centro cultural do mesmo nome, impulsor do Belén de Begonte.
Con estas obras complétanse as mostras situadas na entrada da Biblioteca Provincial relacionadas co Belén de Begonte: “50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE, 1972-2022”, “NO BELÉN DE BEGONTE, IMAXES E PALABRAS” e “MOSTRA BIBLIOGRÁFICA DE MEDIO SÉCULO DO BELÉN”.
Este conxunto de exposicións pode ser visitada ata o próximo fin de semana.