Herodes, na Feira de Nadal de Begonte
12/16/2022
O Rei Herodes e o seu castelo estarán na Feira de Nadal organizada polo Concello de Begonte, que se celebrará os días 17 e 18 na praza dos Irmáns Souto Montenegro e rúas adxacentes.
Esta é a segunda das estatuas do artista lucense César Lorenzana que se colocarán nas 19 parroquias do concello para marcar un “Camiño ao Belén” que rematará na Praza Irmáns Domínguez Guizán, á beira do Belén electrónico, con figuras inspiradas en motivos do Belén.
A primeira das estatuas -botas dun “camiñante ao Belén”- está xa colocada nas inmediacións da sede do Belén, e a súa maqueta foi entregada ao Papa en Roma polas primeiras autoridades do concello o pasado mes de novembro, á vez que invitaban á S.S. a visitar o Belén no seu cincuentenario.
Esta segunda estatua foi colocada na mañá de hoxe no lugar central da celebración da Feira de Nadal e, rematada a Feira, será colocada no seu emprazamento definitivo