'Imaxes do Nadal' en Guitiriz
12/04/2018
En Guitiriz, na Casa Habanera, ven de inaugurarse a exposición IMAXES DO NADAL, na que 9 fotógrafos lucenses reflicten as súas personais visións dos máis diversos aspectos do tempo de Nadal.
A mostra, que xa o pasado ano visitou Begonte, Lugo e Chantada, este ano pode verse en Guitiriz (3 ao 14 de decembro), Rábade (Casa do Concello), do 17 ao 31 de decembro, e en Vilalba, na Casa da Cultura, do 2 ao 15 de xaneiro próximo.
Esta organizada polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte (entidade promotora do Belén Electrónico begontino e das accións que conforman O NADAL EN BEGONTE), o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e o Colectivop Egeria. Na mostra participan os fotógrafos EDUARDO OCHOA, MIGUEL CALVO, FERNANDO GAGO, MIGUEL FRAGA, JOSÉ JANUEL OTERO, JOSE MANUEL GUISASOLA, GL.MÉNDEZ, HIXINIO GLORES E TOÑI FERNÁNDEZ ÓNEGA (In memoriam), cun total de 39 fotografías . Seis destes fotógrafos participaron na inauguración desta mostra.
O coordinador, EDUARDO OCHOA, responsable de fotografía de Fonmiñá, explicou os contidos da mostra e presentou os fotógrafos participantes que acudiron á inauguración, agradecendo a iniciativa a Alcaldesa de Guitiriz, REGINA POLÍN, que se congratulou DE que esta exposición poida ser vista en Guitiriz na Casa Habanera, un centro cultural con destacadas actividades, restaurado de xeito magnífico pola acción conxunta do Concello e a Mancomunidade de Montes.