'Imaxes do Nadal', en Lugo
12/28/2018
Na sala de exposicións da Xunta de Galicia en Lugo, quedou hoxe aberta a mostra das obras presentadas ao XXIX Certame Galego de arte "José Domínguez Guizán", convocado polo Centro cultural que promove o Belén Electrónico de Begonte.
Estará aberta en Lugo ata o 14 de xaneiro, para abrirse o 15 dese mes na Casa da Cultura de Begonte.
A inauguración oficial desta Mostra en Lugo vaise efectuar o xoves, 3 de xaneiro, ás 10,30 horas.