Imaxes do Nadal, en Meira
12/03/2019
Onte, martes, quedou aberta na sala de exposición da Casa de Cultura de Meira a exposición IMAXES DO NADAL, composta por obras de nove fotógrafos, membros do Grupo Fotocinematografico Fonmiñá de Lugo.
A mostra, organizada polo Centro cultural José Dominguez Guizán de Begonte, entidade promotora do Belén electrónico begontino, ten carácter itinerante e este Nadal ademais de Meira visitará a Biblioteca de Castro Ribeiras de Lea e o Centro sociocultural de Friol.
Está composta por 32 fotografías con imaxes do Nafdal desdre as máis diversas perspectivas, xa que para cada fotógrafo e mesmo para quen contempla as fotografías, o tempo de O Nadal supón algo diferente, marcado polas crenzas, experiencias, observacions... sendo esta exposición unha boa ocasión para ampliar a visión sobre este tempo tan especial.
Na foto, á dereita, o Tenente de alcalde de Meira, Alcalde accidental, Agustín Méndez Moirón, e á esquerda Xulio Xiz, vicepresidente do Centro cultural begontino e Presidente de Fonmiñá-.