Imaxes do Nadal, na Biblioteca Provincial de Lugo
01/08/2021
A exposición IMAXES DO NADAL, que desde mediados do pasado decembro estivo aberta na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, está xa na Biblioteca Pública de Lugo, onde permanecerá todo este mes.
Son 33 fotografías con diversas visións do Nadal dos fotógrafos lucenses EDUARDO OCHOA, MIGUEL CALVO, FERNANDO GAGO, MIGUEL FRAGA, XOSE MANUEL OTERO, TOÑI FERNÁNDEZ ÓNEGA (in memoriam), JOSÉ MANUEL GUISASOLA, GERARDO MÉNDEZ e HIXINIO FLORES.
Está promovida polo Belén de Begonte, coa colaboración do Grupo Fonmiñá, Colectivo Egeria, e a Xunta de Galicia, expoñéndose na capital lucense con motivo do tempo de Nadal begontino, esencialmente virtual este ano, pero con actividades como esta mostra e os habituais certames culturais, con prazo de presentación de orixinais o próximo día 15.