José Manuel Peña Romay, Premio do XXXIV Certame Galego de Arte do Belén de Begonte
12/28/2023
O pintor lucense José Manuel Peña Romay, ven de acadar o Premio do Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán” convocado pola entidade promotora do Belén de Begonte, dotado con 1.500 € e estatuiña de Sargadelos, pola súa obra “Praza Maior”.
Pola calidade do traballo, concedeuse Mención de Honra dotada con estatuiña de Sargadelos a Santiago Lago Canzobre, de Ferrol, pola súa obra “Néboa no cantón”.
Os premios serán entregados o 27 de xaneiro próximo, no decurso dos actos de clausura de “O Nadal en Begonte”, que se celebrará no salón do Centro cultural convocante.
O Xurado estivo formado por Sagrario Sánchez Ramil, Xefa territorial de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia; Sonia Varela García, Concelleira de Cultura de Begonte, directiva do Centro Cultural; Aurelia Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo; Gonzalo Sánchez Folgueira – “Zalo”, pintor; e, como Secretario sen voto, Xulio Xiz, presidente da entidade convocante.