Los belenes de Galicia que no puedes dejar de ver esta Navidad
12/19/2019
O portal de Internet "elespañol.com", publica a relación de belenes de Galicia que non se pode deixar de ver este Nadal. Comprende un total de seis belenes da provincia de A Coruña, dous da de Lugo, dous de Ourense e dous de Pontevedra. Na provincia de A Coruña figuran os de a Catedral de Santiago, San Fiz de Solovio, Betanzos, O tilo-Ares, Orden terceira de Ferrol e municipal de A Coruña. De Ourense, o de Catedral de Ourense e o de Baltar. De Pontevedra, os de Valga e Vigo. E de Lugo, o Belén xigante de Viveiro e o Belén electrónico de Begonte.
Polo que ao de Begonte se refire, estamos a vivir a XLVIII edición deste Belén, creado en 1972, con diversas actividades culturais, e no que este ano están convocadas as XLIV edicións dos Certames Nacional de Poesía, de Xornalismo sobre o Nadal e de Debuxo infantil sobre O Nadal, así o XXX Certame Galego de Arte, que este ano premiará obras que denuncien e loiten contra as agresións sexuais.