Manuel Carballeira, Premio do Certame galego de Arte
01/04/2023
O pintor Manuel Carballeira Rivas, oriundo de Cospeito e residente en Valdoviño, coa súa obra “Calima”, ven de gañar o XXXIII Certame galego de Arte “José Domínguez Guizán” de Begonte, convocado polo Centro cultural impulsor do Belén begontino. O premio está dotado con 1.500 € e estatuíña de Sargadelos. A obra premiada pasa a formar parte da Pinacoteca do Belén, na que xa figuran outras dúas obras deste artista, premiado en 2017 e 2021.
Pola calidade da obra ”En ruta”, presentada polo artista ferrolán Santiago Lago Canzobre, foille concedida unha Mención de Honra, dotada con estatuíña de Sargadelos.
Formaron o Xurado a Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García, e os pintores Manuel Gulín Rodríguez, e Gonzalo Sánchez Folgueira, Zalo.
Os premios serán entregados no acto de clausura do Cincuentenario do Belén, o próximo 28 de xaneiro.