Na primeira semana, 2.000 persoas visitaron o Belén de Begonte e 1.687 vírono a través da web
12/15/2021
Despois da súa apertura oficial o pasado 4 de decembro co pregón de Monseñor Fernando García Cadiñanos, Bispo de Mondoñedo-Ferrol, o Belén de Begonte está funcionando sábados, domingos e festivos con total normalidade, cunha asistencia fluída, e grupos de arredor de 25 persoas, ademais de poder visualizalo a través desta web. Nesta primeira semana contemplárono un total de 3.687 persoas.
Na dirección reservas.belendebegonte.es poden inscribirse os que pretendan visitalo, e tamén chamando ao teléfono 982 396 121. No momento de acceder ao Belén terán preferencia os que teñan efectuado a reserva, admitíndose a continuación os que acudan sen ela, ata compoletar o aforo.
Durante oa días 5 a 12, primeira semana de funcionamento do Belén, os asistentes foron arredor de 2.000, aos que hai que sumar os 1.687 que o contemplaron de xeito virtual a través da web www.belendebegonte.es. Destes asistentes virtuais, 915 contemplaron a versión en galego, 656 en cadstelán, e 116 en inglés.
Neste momento téñense rebasado ampliamente estas cifras xa que os últimos días acudiron alumnos de varios colexios de fóra da provincia, residentes no centro Albertia da terceira idade, e 75 alumnos do Colexio Cervantes de Lugo, que accederon en tres turnos ás instalacións do Belén.