O dúo ConVersoS gravará unha panxoliña no Belén de Begonte
12/23/2024
Desde o pasado día 19, o Belén de Begonte abre xa todos os días de 11 a 13,00 e de 16,00 a 19.00 h. Este horario estará vixente ata o próximo Día de Reis.
Este luns, 23 de decembro, durante a sesión da mañá, vaise gravar no Belén unha especial panxoliña por parte do dúo ConVersoS, formado por Toño Núñez e Xosé Manuel do Castro. Trátase de “Linda noite”, sobre un ºpoema de Toño Núñez, que será difundida polas redes sociais como felicitación de Nadal, e como apoio ao Belén de Begonte.