O luns, presentación da XLVIII EDICIÓN DE O NADAL EN BEGONTE
11/29/2019
O próximo luns, ás 11,00 h., na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, vai ser presentada a XLVIII edición de O NADAL EN BEGONTE, que organiza o Centro cultural José Domínguez Guizán, entidade impulsora do Belén Electrónico begontino.
Na presentación participarán o párroco de Begonte, Presidente do Centro Cultural, Jesús Domínguez Guizán; o Tenente de Alcalde do Concello de Begonte, Luis Luaña Castelo e o Delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro Orol.
Invítase á presentación aos representantes dos medios informativos e a todos os amigos do Belén electrónico de Begonte.