O Presidente da Xunta presidirá o acto inaugural do Cincuentenario do Belén de Begonte
11/24/2022
O venres 2 de decembro o Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, presidirá en Begonte o acto inaugural do Cincuentenario do Belén electrónico, nun acto que se celebrará no salón de actos do Centro Cultural José Domínguez Guizán, ás 19:00 h.
A apertura ao público do Belén efectuarase, como é tradicional, o primeiro sábado do mes de decembro, despois da Misa polos amigos do Belén falecidos, que se celebrará na igrexa parroquial de Begonte ás 18,00 h.