Obras no Belén de Begonte
11/18/2019
Estanse a realizar obras no edificio que alberga o Belén electrónico de Begonte, promovidas polo Concello begontino e a Xunta de Galicia, para mellorar a seguridade e comodidade dos visitantes, que nas últimas edicións foron arredor de 40.000.
Tense ampliado o espazo destinado aos visitantes do Belén, que será dotado dunha grada con asentos e maior espazo para visitantes con sillas de rodas. Asímesmo, no exterior, substítuese a cuberta da zona de acceso ao Belén e ao salón de actos. As obras teñen un custo de 30.000€ e serán rematadas nos próximos días.
O Belén abrirase ao público o próximo 5 de decembro, para comezar a edición XLVIII, desde o seus inicios en 1972.