Visitas ao BELÉN DE BEGONTE
12/05/2021
Para respectar a normativa sanitaria, e por desexar o mellor para quen nos visite, este Nadal o Belén de Begonte vaise organizar de acordo coas seguintes normas:
- Cada día que funcione o Belén haberá un total de 12 pases, que comezarán ás horas: 11,00; 11,30; 12,00 e 12,30 polas mañáns, e polas tardes ás 15,00; 15,30; 16,00; 16,30; 17,00; 17,30; 18,00 e 18,30. En cada pase poderán acceder ao local 25 persoas.
- Ao final de cada pase ventilarase o local ata a hora indicada, para a seguinte sesión, de acordo coa normativa vixente. Os visitantes deberán utilizar en todo momento a mascariña, e o xel de mans que terá ao seu dispor na entrada do Belén.
Reserva de entradas
En reservas.belendebegonte.es, poderán efectuarse inscricións individuais ata o día anterior ao previsto para asistir. E no teléfono 982.396121 deberán reservar a súa entrada os grupos (colexios, asociacións, familias...), para o acceso ao Belén.
Cando se admita a visitantes para un pase do Belén, terán preferencia os que teñan reservada a súa entrada por internet ou a través do teléfono, podendo ser admitidos a continuación, ata completar o aforo, os que non tiveran reservado a súa entrada.