XLI Certame de Xornalismo de Begonte
01/24/2017
O Xurado calificador dos traballos presentados ao XLI Certame xornalístico BEGONTE E O NADAL, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán, formado por JOSÉ ULLA ROCHA, Alcalde de Begonte; JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro convocante, BLANCA PACÍN SOMOZA, bibliotecaria; XULIO GIZ RAMIL, xornalista, e JOSÉ RODRÍGUEZ Gómez, Secretario do Centro Cultural begontino, acordou conceder os seguintes premios:
* PREMIO BEGONTE DE XORNALISMO, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos para o traballo titulado NON CRIN NOS REIS MAGOS ATA OS 70 ANOS, publicado en Galicia Digital por Xosé Manuel Carballo Ferreiro.
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17064.php
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17065.php
* SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos ao traballo titulado HUELLAS DE PEREGRINO, publicado en Galicia Digital por Pablo Núñez González.
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17259.php
*Pola calidade dos traballos, acordase conceder cadansúa Mención de honra, dotada con estatuíña de Sargadelos aos traballos:
CAMINO DE VUELTA A LA FE, publicado en Galicia Digital por Beatriz Valcárcel, co seudónimo “Begontina”.
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17267.php
e GARDADOS NO FAIADO, publicado en Galicia Digital por Xosé Ramón Escourido Basanta.
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.17258.php
Os premios serán entregados o sábado 28 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura de O NADAL EN BEGONTE.