XLVIII CERTAME DE POESÍA SOBRE O NADAL
11/13/2023
O Centro Cultural José Domínguez Guizán, entidade promotora do Belén Electrónico, co fin de potenciar o espírito do Nadal e que se coñeza mellor O NADAL EN BEGONTE, convoca o XLVIII CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL que se vai rexir polas seguintes bases:
1. Poden participar todos os poetas que o desexen, con textos en galego ou en castelán.
2. O tema dos traballos ha ser o de O NADAL, desde calquera punto de vista.
3. Valoraranse os textos que fagan referencia a Begonte e o seu Belén.
4. É libre a construción dos poemas e a medida dos versos.
5. Concederanse os seguintes premios:
– PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600 euros e estatuíña de Sargadelos.
– SEGUNDO PREMIO, dotado con 300 euros e estatuíña de Sargadelos.
6. A remisión de orixinais farase ao correo electrónico info@belendebegonte.es, en dous arquivos: Un, co traballo poético a concurso, e outro, identificado como «Plica», co título do traballo, no que figurarán os datos personais do/a autor/a, que só será aberto no caso de resultar premiado o traballo con algún dos premios instituídos ou coas mencións que, no seu caso, acorde conceder o Xurado.
7. Quen desexe entregar persoalmente o seu traballo, ou remitilo por correo certificado, pode facelo ao Centro Cultural convocante, antes das 12,00 h. do 6 de xaneiro de 2024.