XOSÉ OTERO CANTO, Premio de poesía do Belén de Begonte
01/14/2020
XOSÉ OTERO CANTO, Premio de poesía do Belén de Begonte - 2º Premio.- MARÍA DO CEBREIRO RÁBADE VILLAR - Mención de Honra: JUAN LORENZO COLLADO, de Albacete.
Ven de reunirse o Xurado dos traballos presentados ao XLIV CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, formado por Jesús Domínguez Guizán, Presidente do Centro Cultural convocante; Xavier Rodríguez Barrio, escritor; e Xulio Xiz, xornalista.
Por unanimidade, acordan conceder o PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, ao poema “Xesús e a Crónica de Beria”, presentado co lema Ignotus, do que é autor Xosé Otero Canto, de Lugo.
O segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos, concedeuse ao poema ”Begonte”, do que resultou ser autora María do Cebreiro Rábade Villar, de Santiago de Compostela.
Pola calidade do traballo, concedeuse unha MENCIÓN DE HONRA, dotada con estatuiña de Sargadelos ao poema “Tiempo de Navidad”, do que é autor Juan Lorenzo Collado Gómez, de Albacete.
Os premios serán entregados no decurso do acto de clausura do tempo de Nadal begontino, o próximo 25 de xaneiro de 2020.