XXVII Certame galego de arte JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN
01/14/2017
Na sala de arte da Xunta de Galicia en Lugo (edificio administrativo, reúnese o xurado do XXVII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÁN”, convocado polo Centro cultural do mesmo nome, de Begonte, formado por AURELIA BALSEIRO GARCÍA, Directora do Museo Provincial de Lugo; GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA (ZALO), pintor; MANUEL GULIN RODRÍGUEZ (pintor), e XULIO GIZ RAMIL, en representación do Centro convocante, como secretario sen voz nin voto. Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:
Conceder o PREMIO JOSÉ DOMÍNGUE GUIZÁN, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos, a MANUEL CARBALLEIRA RIVAS, natural de Sistallo-Cospeito, veciño de Valdoviño (A Coruña), pola obra “Baixamar”.
Pola calidade das obras presentadas, concédense cadansúa MENCIÓN DE HONRA dotada con estatuiña de Sargadelos, aos autores das seguintes obras:
“Reflejos en el puerto”, de FERNANDA FERNÁNDEZ SUÁREZ de Vigo.
“O Pedrido”, de FRANCISCO MACEIRA RODRÍGUEZ, do Ferrol.
“Babelia”, de VICENTE J. ROURA GÓMEZ, de Pedrafita-Guitiriz.
Os premios serán entregados no decurso do acto de clausura de O NADAL EN BEGONTE, a celebrar o próximo 28 de xaneiro no Centro Cultural de Begonte.