XXXI Certame Galego de Arte “José Domínguez Guizán”
01/21/2021
Na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo reúnese o Xurado do XXXI CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”, convocado polo Centro cultural begontino impulsor do Belén Electrónico, composto por:
JAVIER ARIAS FOUZ, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo
AURELIA BALSEIRO GARCÍA, Directora do Museo ProvincIal de Lugo
MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ, pintor
GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA, “ZALO”, pintor
MARÍA JOSÉ GÓMEZ RODRÍGUEZ, Xefa territorial de Cultura da Xunta en Lugo e
XULIO XIZ RAMIL, xornalista, en representación do Centro cultural convocante.
Diante das 18 obras presentadas a Concurso, o Xurado fixo constar a súa satisfacción pola alta calidade dos traballos, que facía difícil a súa decisión, xa que prácticamente todos os cadros participantes serían merecentes de mención de honra pola súa calidade.
O Xurado, por unanimidade, decideu conceder o PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN DE ARTE, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos á obra titulada “Cara adiante”, de MANUEL CARBALLEIRA RIVAS, oriundo de Cospeito (Lugo) e residente en Valdoviño (A Coruña), pola “composición, perspectiva, calidade técnica, cor e temática” da obra seleccionada.
Pola calidade dos traballos presentados, o Xurado acorda conceder cadansúa MENCION DE HONRA, dotadas con estatuíña de Sargadelos, ás obras: “Llegando a la ciudad”, de SANTIAGO LAGO CANZOBRE, de Ferrol e “Burgo epicromático”, de EDUARDO PÉREZ BAAMONDE, oriundo de Vilalba (Lugo), residente en Cambados (Pontevedra).
En próximas datas farase a entrega virtual dos premios.