XXXII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”
01/05/2022
Na sala de exposicións da Delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo, ven de reunirse o Xurado do XXXII CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”, convocado polo Centro Cultural do mesmo nome, promotor do Belén Electrónico begontino, formado por María José Gómez Rodríguez, Xefa territorial de Cultura de Lugo; Aurelia Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo; Manuel Gulín Rodríguez, pintor; Gonzalo Sánchez Folgueira, pintor; e Xulio Xiz, xornalista, en representación do Centro Cultural convocante.
Por unanimidade, o Xurado acorda destacar a alta calidade das obras participantes no Certame, e conceder o PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de arte, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos, á obra AVDA. DA MURALLA (LUGO), da que é autor OSCAR CABANA PICADO, de A Coruña.
O premio será entregado o próximo 29 de xaneiro, sábado, no decurso do acto de clausura de O NADAL EN BEGONTE na súa 50ª edición.
As obras participantes nesta edición do Certame seguirán expostas na sala da Delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo ata o próximo 15 de xaneiro. Do 17 ao 28 deste mes poderán ser visitadas na Casa da Cultura de Begonte.