PABLO VEIGA LÓPEZ-CASTELO e SANTIAGO RODRÍGUEZ LÓPEZ, premiados no XLVI Certame de Xornalismo sobre o Nadal
01/19/2022
En Lugo, reuniuse o xurado calificador dos traballos presentados ao XLVI Certame de Xornalismo sobre o Nadal, convocado polo Centro cultural JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, impulsor do Belén electrónico de Begonte, formado por: JAVIER ARIAS FOUZ, Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; JOSÉ ULLA ROCHA, Alcalde de Begonte; Jesús Domínguez Guizán, presidente do Centro Cultural convocante; BLANCA PACÍN SOMOZA, Bibliotecaria; XULIO GIZ RAMIL, xornalista e JOSÉ RODRÍGUEZ GÓMEZ, secretario do centro cultural convocante, acordan conceder os seguintes premios:
- Premio BEGONTE de xornalismo, dotado con 600 € e estatuiña de Sargadelos, ao traballo titulado MEDIO SÉCULO DE ILUSIÓN, do que é autor PABLO VEIGA LÓPEZ-CASTELO, publicado en www.galiciaxa.com.
- Segundo Premio, dotado con 300 € e estatuíña de Sargadelos, ao traballo O NENO DEUS NACEU NA CIMA DA GUIZA, publicado por Santiago Rodríguez López, en www.galiciadigital.com.
Pola calidade dos traballos presentados, acordan conceder cadansúa MENCIÓN DE HONRA, dotada con estatuíña de Sargadelos a:
- BEGONTE, UNHA ESTRELA DOURADA, publicado por XOAN NEIRA, no xornal El Progreso-A Chaira.
- DETRÁS DE CADA OLLADA, de Ruth Fernández Fernández, publicado en www.elcorreogallego.es.