XLVI CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, BEGONTE
01/21/2022
Reunido o xurado do XLVI CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, formado por JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN, Presidente do Centro convocante; XAVIER RODRÍGUEZ BARRIO, escritor e XULIO XIZ RAMIL, xornalista, acordan emitir o seguinte fallo:
PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600 euros e estatuíña de Sargadelos, ao poema “ERAN TEMPOS DE NADAL, ERA E FOI HAI MOITO TEMPO!”, do que é autor Baldomero Iglesias Dobarrio-Mero, residente en Xanceda-Mesía (A Coruña).
SEGUNDO PREMIO, dotado con 300 euros e estatuiña de Sargadelos, concedeuse ao poema “O NENO VALURO”, de Xosé Otero Canto, residente en Lugo.
Pola calidade dos traballos, concedeuse cadansúa MENCIÓN DE HONRA, dotadas con estatuíña de Sargadelos aos poemas:
“UN RÍO E UNHA PREGARIA”, de Carlos López Fernández, residente en Vilalba. E
“O BELÉN DE BEGONTE”, de Xoán Xosé Fernández Abella, residente en Teo (A Coruña).
Máis información e traballos premiados.