SANTIAGO RODRÍGUEZ e E PEPE POL Premios de Xornalismo en Begonte
01/23/2023
Santiago Rodríguez López, biólogo lucense, profesor da Universidade de Bristol U.K., ven de gañar o primeiro premio do XLVII Certame de Xornalismo sobre o Nadal, convocado polo Centro cultural “José Domínguez Guizán” de Begonte, co seu artigo “Caladas mensaxes gorecidas no Belén de Begonte”, publicado en GaliciaDigital, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos.
O segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña, concedeuse a “As zocas da espiritualidade en Begonte están”, publicado tamén en GaliciaDigital polo profesor e escritor Pepe Pol, de Montefurado-Quiroga.
O Xurado estivo formado por Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia; José Ulla Rocha, Alcalde de Begonte; Jesús Domínguez Guizán, Presidente do Centro cultural convocante; Blanca Pacín Somoza, Bibliotecaria, e José Rodríguez Gómez, secretario do Centro Cultural.
Os premios serán entregados o próximo sábado, 28 de xaneiro, ás 17,00, h., no decursso dos actos de clausura do Cincuentenario do Belén de Begonte, no salón de actos do Centro cultural, impulsor do Belén