O Arcebispo de Santiago será o pregoeiro de “O Nadal en Begonte”
06/19/2023
O novo Arcebispo de Santiago, mons. Francisco José Prieto Fernández, vai ser o pregoeiro do Nadal de Begonte na súa 52ª edición.
A directiva do Belén de Begonte púxose en contacto con Monseñor Prieto para darlle a benvida ao goberno da Arquidiocese e para convidalo a ser o pregoeiro de “O Nadal en Begonte”, o próximo 2 de decembro, aceptando con agrado o convite, sinalando que tiña noticias do Belén (mesmo referíndose á denominación de “Begonte do Belén”), agardando máis adiante ter unha reunión e así ir coñecendo o ambiente que envolve ao Belén electrónico de Begonte.
A aceptación do novo Arcebispo enche de ledicia ás xentes do Belén, e significa a continuación da tradición de que os últimos arcebispos de Compostela, como os últimos bispos de Mondoñedo-Ferrol e os últimos de Lugo fosen pregoeiros do Belén e do Nadal en Begonte.