Belén de Begonte: Superados os 13.000 visitantes
12/26/2023
No Belén de Begonte véñense de superar os 13.000 visitantes desde o inicio do tempo de Nadal a comezos do presente mes. Neste tempo de funcionamento os festivos e as vísperas – máis dous venres que foi preciso abrir pola afluencia de visitantes – o total calculado de visitantes está en 13.125 persoas.
Do venres, 22 ata o luns, 25, visitaron o Belén 3.950 persoas, sendo o venres, 23, o de maior afluencia con 1.500 persoas. Nos últimos días rexistrouse, asimesmo, unha ducia de visitas colectivas. Delas, varias foron da capital coruñesa; dúas de Lugo, unha da Milagrosa; e cadansúa de Oroso, Betanzos, Ordes… e unha dos alumnos do colexio de Begonte.
Ata o próximo Día de Reis, o Belén estará aberto todos os días.