LUIS LATORRE, XOAN NEIRA E PEPE POL, Premios de Xornalismo en Begonte
01/22/2024
Vense de reunir o xurado do XLVIII CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizan, impulsor do Belén de Begonte, formado por José Ulla Rocha, Alcalde de Begonte; Marta Barreiro Castro, secretaria xeral da Xunta de Galicia en Lugo; José Rodríguez Gómez, Secretario do Centro convocante; Blanca Pacín Somoza, Bibliotecaria; Sara Blanco Díaz e María Jesús Blanco Díaz, da Comisión de Cultura do Centro cultural convocante.
Examinados os traballos presentados, acordan premiar os seguintes autores:
1º premio, dotado con 600€ e estatuiña de Sargadelos, a LUÍS LATORRE REAL, por EL BELÉN DE BEGONTE, GUARDIÁN DE NUESTROS RECUERDOS, publicado no seu blog persoal e en Galicia digital.
2º premio, dotado con 300 € e estatuiña de Sargadelos, a XOAN NEIRA, por UNHA LUZ CERTA, publicado no xornal EL PROGRESO.
O Xurado acorda conceder unha MENCIÓN DE HONRA, dotada con estatuiña de Sargadelos, a JOSE RAIMUNDO POL – PEPE POL- polo seu artigo DOÑA PILAR, EL BELÉN DE BEGONTE Y UN NIÑO, publicado en Galicia Digital.
Os premios serán entregados o sábado, 27 de xaneiro, ás cinco da tarde, no decurso do acto de clausura de O NADAL EN BEGONTE.