O Belén de Begonte inicia unha campaña para captar Amigos
10/15/2024
O Centro “José Domínguez Guizán”, impulsor do Belén de Begonte, comeza unha campaña de captación de amigos do Belén, para contribuír a soster e potenciar a actividade cultural e social que ven desenvolvendo desde hai cincuenta e dous anos.
Preténdese afianzar cada vez máis o Belén como iniciativa senlleira dentro do Nadal de Galicia, e seguir facendo que o pobo que o acolle siga a merecer o nome de “Begonte do Nadal”.
Os simpatizantes do Belén cóntanse por milleiros, no só en Begonte e en toda a provincia de Lugo, senón tamén no resto de Galicia e en moitos puntos de España. A eses simpatizantes que cada ano visitan o Belén pídeselles que se fagan socios para fortalecer a Asociación e incrementar a realización de actividades e a difusión do Belén.
Os socios colaboradores do Belén de Begonte contribúen cunha cuota de 20 € ao ano, podendo entrar na gran familia do Belén facilitando os seus datos na sede do Belén, no Concello de Begonte, ou en calquera dos seguintes establecementos colaboradores:
RESTAURANTE CASA VARELA-Damil
RESTAURANTE PAZYANA – Santo Estevo de Uriz
TABERNA DO LABREGO – Pacios
CAFE BAR CEREIXO - Begonte
CAFE BAR MIRAZ – Begonte
GRUPO LUIS IGLESIAS – Rábade, Friol, Cospeito e Lugo
CORDELERIA MARAGATOS -Lugo